Eu tamén creo, como Dubert, que a opinión de Calaza non é puramente
testemuñal, senón que hai un sector (se cadra non tan maioritario coma
hai un par de décadas) que sostén eses argumentos. Recordémo-las accións
de AGLI e colectivos semellantes nos 80 e 90.
E ó mellor non é casual que esa opinión volva saír agora á luz. España
está plenamente metida -de novo- na regueifa da redefinición "nacional"
(Euskadi e, outra volta, Cataluña) e, para máis inri, resulta que tamén
os galegos parecen asoma-la cabeza, cando menos un pouquiño: primeiro
cambio político desde a chegada da democracia, o nacionalismo galego
co-gobernando, novas expectativas... E iso creo que esperta ancestrais
medos en certas elites.
No que fai a La Voz, que por certo publica habitualmente artigos
(maiormente delirantes, véxase un recente sobre a nación catalana) de
Calaza, eu penso que tentan dar unha de cal e outra de area: Calaza pero
tamén Freixanes, Pedro Arias pero Barreiro Rivas, Blanco Valdés pero
Franco Grande, Alfonso de la Vega pero tamén Fdz. Prieto... Iso valida a
súa opinión (a de La Voz) como supostamente 'independente', aínda que o
peso da balanza os delate e aínda que nunca arrisquen defender
claramente o 'politicamente incorrecto'.
Saúdos cordiais,
Gabriel
Gabriel Rei-Doval
University of Wisconsin-Milwaukee
Department of Spanish and Portuguese
3243 N. Downer Ave
Curtin Hall, Room 709
PO Box 413
Milwaukee, WI 53201-0413 (USA)
Telephone: 1 414 229 4912
Fax: 1 414 229 4857
http://www.uwm.edu/Dept/Spanish/faculty/reidoval.html
Francisco Dubert wrote:
>Non sei que pensaría Bloom se se vise citado para tales efecto; sería
>marabilloso que alguén llo fixera pasar, xa que, segundo entendo, sabe algo
>de literatura catalá, na lóxica de Calaza, literatura de mantidos.
>Pero Calaza di en alto o que moitos pensan en baixo. Non hai moito tempo, un
>xornalista de tertulia falaba de que menganito era académico da Academia
>Vasca "y qué clase de academia será esa"...
>E isto tamén entre lingüistas españois ou que traballan sobre o español.
>
>Francisco Dubert García
>Departamento de Filoloxía Galega
>Universidade de Santiago de Compostela
>15782 Santiago de Compostela (España)
>http://web.usc.es/~fgdubert
>
>
>
>
>>-----Mensaje original-----
>>De: Galician Studies e-mail discussion list [mailto:GALICIAN-
>>[log in to unmask]] En nombre de Craig Patterson
>>Enviado el: martes, 04 de octubre de 2005 17:48
>>Para: [log in to unmask]
>>Asunto: [GALICIAN-STUDIES] O artigo de Calaza
>>
>>Dende logo, o Calaza este dista moito de ser un Bloom galego en letra
>>castelá.
>>
>>Peor inda, La Voz "de Galicia" dista moito de ser un xornal que prioritiza
>>o foro dunha opinión equilibrada e obxetiva na vida galega, sen
>>manicheísmos da escola antiga. Mentres agardamos unha prensa
>>autenticamente galega, que ten no seu corazón o benestar de Galicia,
>>podemos facer ben en apoiar a unha institución electronica como Vieiros. Ó
>>fin de contas, o medio que ocupa Vieiros é o futuro, e debe menos ó pasado
>>en tódo-los sentidos.
>>
>>Saúdos
>>
>>Craig Patterson
>>
>>--
>>The University of Stirling is a university established in Scotland by
>>charter at Stirling, FK9 4LA. Privileged/Confidential Information may
>>be contained in this message. If you are not the addressee indicated
>>in this message (or responsible for delivery of the message to such
>>person), you may not disclose, copy or deliver this message to anyone
>>and any action taken or omitted to be taken in reliance on it, is
>>prohibited and may be unlawful. In such case, you should destroy this
>>message and kindly notify the sender by reply email. Please advise
>>immediately if you or your employer do not consent to Internet email
>>for messages of this kind.
>>
>>************************************************************
>>
>>The GALICIAN-STUDIES discussion list is administered by the
>>Gonzalez-Millan Group for Galician Studies (GMGGS),
>>the English-language section of the Asociacion Internacional
>>de Estudios Galegos (AIEG). For more information
>>about these groups, please contact the list owners.
>>
>>************************************************************
>>
>>
>
>************************************************************
>
>The GALICIAN-STUDIES discussion list is administered by the
>Gonzalez-Millan Group for Galician Studies (GMGGS),
>the English-language section of the Asociacion Internacional
>de Estudios Galegos (AIEG). For more information
>about these groups, please contact the list owners.
>
>************************************************************
>
>
************************************************************
The GALICIAN-STUDIES discussion list is administered by the
Gonzalez-Millan Group for Galician Studies (GMGGS),
the English-language section of the Asociacion Internacional
de Estudios Galegos (AIEG). For more information
about these groups, please contact the list owners.
************************************************************
|