Lamentablemente, teño que estar de acordo con Dubert no seu comentario
sobre Vieiros. Lera a interesante entrevista a Monteagudo xa antes de
chega-la primeira mensaxe á lista, cando o número de opinións-resposta
non pasaba de medio cento, opinións que -con todo- non tiven paciencia
para seguir lendo despois do cuarto ou quinto insulto.
Que mágoa que unha referencia histórica como Vieiros, que se esforza
en ofrecer contidos de interese e en contar con colaboradores de valía
se vexa ensombrecida pola ruindade e mal gusto dunha parte dos seus
respondentes.
Outros sitios web galegos ofrecen tamén a posibilidade de opinar sobre
artigos e colaboracións varias, pero en ningún caso o resultado é tan
lamentable. Vieiros tentou (hai un tempo alomenos) filtrar e controla-
las respostas, pero seica non houbo maneira. O problema está en que,
aproveitando o anonimato dos "alias" con que algúns contestan,
aprovéitase para insultar e/ou mentir de balde. Supoño que haberá que
velo en positivo: hai un espazo para expresar frustración e odio sen
ter que pagar ou ser recriminado...
Outra parte dos comentaristas teñen tamén oportunidade de desautoriza-
lo autor simplemente por non exercer de ou apoia-lo reintegracionismo,
aínda que o artigo trate sobre política latinoamericana, sociedade
madrileña ou sociolingüística marciana.
En fin, afortunadamente hai vida alén do micromundo opinador de Vieiros.
Saúdos cordiais,
Gabriel
PS: Tamén en Vieiros, recomendo a interesante achega de Xurxo Martínez
en http://www.vieiros.com/columnas/opinion/1001/son-neofalante (ben
recibida por todos, para variar!).
-----
Gabriel Rei-Doval
http://www4.uwm.edu/letsci/spanish/faculty/reidoval.cfm
On Oct 23, 2009, at 6:18 AM, Francisco Dubert wrote:
> Despois de botarlle un ollo ós comentarios que aparecen na
> entrevista a Monteagudo en Vieiros, gustaríame saber se alguén
> comparte a miña opinión de que Vieiros é unha das maiores cloacas de
> Galicia.
> Definicións de cloaca no dicionario de Ir Indo:
> 1 CONSTR Conduto subterráneo para recoller as augas pluviais ou
> fecais das rúas e dos edificios dunha poboación e conducilas á rede
> xeral de saneamento ou, nos lugares sen urbanizar, a unha fosa
> séptica.
> 2 CONSTR Depósito que recolle as augas e os residuos fecais dunha
> poboación.
> 3 fig Lugar sucio que provoca noxo.
>
> 2 s f ZOOL Orificio onde desembocan o recto e os condutos urinarios
> e xenitais, especialmente nos anfibios, réptiles, aves e mamíferos
> monotremas.
>
> No meu xuízo, válelle calquera das catro acepcións.
>
> F. Dubert
>
> ************************************************************
> The GALICIAN-STUDIES discussion list is administered by the
> Gonzalez-Millan Group for Galician Studies (GMGGS),
> the English-language section of the Asociacion Internacional
> de Estudios Galegos (AIEG). For more information
> about these groups, please contact the list owners.
> ************************************************************
************************************************************
The GALICIAN-STUDIES discussion list is administered by the
Gonzalez-Millan Group for Galician Studies (GMGGS),
the English-language section of the Asociacion Internacional
de Estudios Galegos (AIEG). For more information
about these groups, please contact the list owners.
************************************************************
|