Dear All,
Details below in Galician and English of a little shindig at the end of June to commemorate 10 years of the Irish Centre for Galician Studies.
Best wishes
Craig Patterson
Cardiff
Estimados colegas:
Desde o Department of Hispanic Studies da University College Cork, Éire, e particularmente desde o Irish Centre for Galician Studies, prácenos anunciarlles o congreso ‘Sobre o tempo e as palabras: a cultura galega contemporánea a exame’ / ‘On Time and Words: Examining Contemporary Galician Culture’. Este encontro terá lugar os días 25, 26 e 27 de xuño de 2008 no O’Rahilly Building da University College Cork e ten como principal obxectivo conmemorar o décimo aniversario do funcionamento do Centro de Estudos Galegos de Cork.
O fío condutor do evento será unha análise do desenvolvemento da cultura galega desde que en 1982 se establecera unha normativa para o galego. Cales foron os logros acadados na Galicia posfranquista e democrática? Cales son os desafíos que ten por diante? O congreso contará con seis sesións consecutivas de mañá e tarde dedicadas a diferentes aspectos da cultura galega: lingua, literatura, xeografía e historia, cultura audiovisual e medios de comunicación e onomástica. O programa integra tamén unha sesión de estudos de posgrao, unha mesa redonda e dúas conferencias plenarias, unha delas pronunciada polo director do centro desde a súa creación, o catedrático David Mackenzie, e a plenaria de apertura por Vitor Freixanes. Para as sesións contaremos con especialistas de cada unha das disciplinas mencionadas, entre os que salientan Ana Boullón, Burghard Baltrush, Henrique Monteagudo, Miguel-Anxo Murado, Ofelia Rei Castelao, Patrick O’Flanagan, Olga Nogueira e Anxo Tarrío, entre outros.
O comité organizador do congreso está formado por Mónica Ares Ameijide, Gonzalo Camiña Rioboó, Prof. David Mackenzie, Dr. Craig Patterson e Dr. Martín Veiga. En canto o programa estea totalmente finalizado, farémoslles chegar información máis completa. No entanto, se desexan facer algunha consulta relacionada co congreso, poden facelo a través do seguinte enderezo electrónico ([log in to unmask]).
Un saúdo cordial
Cork, abril 2008
The Department of Hispanic Studies of the University College Cork, Éire, and the Irish Centre for Galician Studies, is delighted to announce details of the forthcoming conference ‘Sobre o tempo e as palabras: a cultura galega contemporánea a exame’ / ‘On Time and Words: Examining Contemporary Galician Culture’. The conference, which seeks to celebrate the tenth anniversary of the Irish Centre for Galician Studies, will take place on 25, 26 and 27th June 2008 in the O’Rahilly Building at University College Cork.
The overarching objective of the conference is to address developments in Galician culture since the establishment of the Galician standard grammar in 1982. What has been achieved in a post-Franco and democratic Galicia? What are the new challenges ahead? Six consecutive sessions will address diverse aspects of Galician culture, such as language, literature, geography and history, visual arts and media, and onomastics. There will also be a postgraduate studies panel, a round table discussion and two plenary conferences, one of which will be delivered by Professor David Mackenzie, the director of the Centre since its creation, and the opening address by Vitor Freixanes. The sessions will feature specialists from each respective field, such as Ana Boullón, Burghard Baltrush, Henrique Monteagudo, Miguel-Anxo Murado, Ofelia Rei Castelao, Patrick O’Flanagan, Olga Nogueira and Anxo Tarrío, amongst others.
The organising committee of the conference consists of Mónica Ares Ameijide, Gonzalo Camiña Rioboó, Prof. David Mackenzie, Dr. Craig Patterson and Dr. Martín Veiga. A conference programme will be circulated in the near future; any enquiries may be addressed to [log in to unmask]
Warmest regards
Cork, April 2008.
Dr Craig Patterson
Lecturer in Galician and Hispanic Studies
School of European Studies
The University of Cardiff
65-68 Park Place
Cardiff
Wales
CF10 3AS
Tel: +44 (0)29 208 74723
Fax: +44 (0)29 208 74946
http://www.estudosgalegos.org/historia
|