Ola a todos/as,
Velaquí vos reenvío unha mensaxe relativa ó próximo VIII Congreso da
Asociación Internacional de Estudos Galegos, a celebrar en Bahia
(Brasil) o próximo setembro de 2006. Os organizadores realizaron algúns
cambios sobre o prazo para a admisión de propostas, que quizais sexan
relevantes para algúns de vós.
Creo que sería unha excelente idea que unha parte importante de nós
asistísemos ó evento, no que os interesados polos estudos galegos desde
países anglófonos poderemos conectar e intercambiar experiencias cos que
traballan noutros lugares, dentro e fóra de Galicia.
Saúdos cordiais,
Gabriel
RECTIFICACIÓNS
1) O VIII Congreso Internacional de Estudos Galegos celebrarase entre o
12 e 15 de setembro do 2006.
2) Ó contrario do que aparece na páxina do CELGA (www.celga.ufba.br) e
na Primeira Circular, a inscrición no Congreso só poderá ser feita
através da páxina web do mesmo.
3) Deben ser desconsideradas todas as datas límite de inscrición
divulgadas anteriormente na primeira circular. As datas definitivas son
as seguintes:
CONFERENCIANTES:
Envío de resumos: ata 31 de maio de 2006.
Envío de relatorios: ata 30 de xullo de 2006.
CONFERENCIANTES E ASISTENTES:
Pagamento com cota reducida: ata 31 de maio de 2006.
Pagamento sen cota reducida: ata 31 de agosto de 2006 (só en casos
excepcionais se aceptará a inscrición despois desta data).
www.8congresoaieg.com.br
--
Gabriel Rei-Doval
University of Wisconsin-Milwaukee
Department of Spanish and Portuguese
3243 N. Downer Ave
Curtin Hall, Room 709
PO Box 413
Milwaukee, WI 53201-0413 (USA)
Telephone: 1 414 229 4912
Fax: 1 414 229 4857
http://www.uwm.edu/Dept/Spanish/faculty/reidoval.html
************************************************************
The GALICIAN-STUDIES discussion list is administered by the
Gonzalez-Millan Group for Galician Studies (GMGGS),
the English-language section of the Asociacion Internacional
de Estudios Galegos (AIEG). For more information
about these groups, please contact the list owners.
************************************************************
|