Print

Print


Prezadas amigas e amigos,

Os próximos días 20, 21 e 22 de novembro o Instituto da Lingua Galega celebrará na Facultade de Filoloxía da USC o seu simposio anual. Nesta edición, baixo o título de "Calen barbas, falen cartas. A escrita en galego na Idade Moderna", o simposio reunirá especialistas de diversas ramas do saber para abordaren desde cadanseu punto de vista a análise da produción escrita en lingua galega ao longo dos séculos XVI, XVII e XVIII. Elementos básicos desta análise serán, entre outros, a contextualización histórica e sociolingüística dos textos, a reconstrución da súa xénese e transmisión, a súa edición, a descrición e análise da lingua empregada neles, e o deseño de ferramentas para a análise e explotación dos datos lingüísticos que conteñen. Polo demais, o simposio reservará un espazo para a presentación pública de Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna, un proxecto desenvolvido ao longo dos últimos anos no Instituto da Lingua Galega, así como para a reflexión sobre os desafíos que implica a construción de corpus especializados.

No seguinte enderezo poderedes atopar toda a información ao respecto, xunto co detalle do programa: http://ilg.usc.gal/gl/actividades/simposio-ilg-2017

Un moi cordial saúdo,

Ernesto González Seoane


--
Ernesto Xosé González Seoane
Director
Instituto da Lingua Galega
Universidade de Santiago de Compostela
Praza da Universidade 4
15782 Santiago de Compostela
************************************************************ The GALICIAN-STUDIES discussion list is administered by the Gonzalez-Millan Group for Galician Studies (GMGGS), the English-language section of the Asociacion Internacional de Estudios Galegos (AIEG). For more information about these groups, please contact the list owners. ************************************************************