Print

Print


FYI. Cómo está? Y Alex cuándo llega? 
 
Un besote
 






Alejandra K. Carballo
 
Date: Wed, 11 Feb 2015 16:05:24 +0100
From: [log in to unmask]
Subject: Fwd: Simposio Estudos literarios e campo cultural galego
To: [log in to unmask]

Por se é do voso interese.
Apertas.Gabriel 

---------- Forwarded message ----------
From: Organización SELCCG <[log in to unmask]>
Date: Wednesday, February 11, 2015
Subject: Simposio Estudos literarios e campo cultural galego
To: [log in to unmask]


SIMPOSIO
INTERNACIONAL


Estudos literarios e campo cultural galego

Primeira circular

 

Lánzase á chamada para a presentación de
traballos para o Simposio Estudos
literarios e campo cultural galego, que se celebrará na Facultade de
Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela os días 2 e 3 de setembro de 2015. O
Simposio configúrase como un foro académico de encontro e debate arredor dos
estudos literarios galegos desde o pensamento de Antón Figueroa. 

A Comisión organizadora convida os
investigadores e as investigadoras interesadas a enviar propostas de
comunicacións vinculadas ás seguintes liñas:

1. Diglosia e texto
en/desde 2015

2. A reconceptualización do campo / sistema
literario nas literaturas periféricas

3. Nación (e ficción) e ideoloxía

4. Lecturas da identidade e da alteridade

5. Relacións interliterarias, tradución e espazo
cultural transnacional

6. Autonomía do campo e autonomía dos axentes: o
caso galego 1950-2015

7. Cara a unha historia do campo literario e dos
campos culturais galegos

8. Estudos literarios, estudos na cultura e
Ciencias sociais

9. Referentes teóricos e diálogos
heurístico-metodolóxicos abertos na investigación de Antón Figueroa

Información actualizada sobre o Simposio en seleccgal.wordpress.com.

Admisión
de comunicacións

O Simposio contempla un proceso de avaliación
dupla por pares anónimos previo á aceptación do traballo remitido. Un texto
completo ou suficientemente avanzado das propostas, dun máximo de 5.000
palabras, deberá ser remitido ao enderezo [log in to unmask] antes do día 30 de abril. 

Con data límite de 18 de maio a Comisión organizadora
do Simposio comunicará a aceptación, a non aceptación ou as suxestións de
modificación do traballo. Unha vez recibida a aceptación da comunicación a
persoa participante deberá pagar a inscrición segundo as cuotas, os prazos e o
procedemento establecidos no apartado correspondente desta primeira circular.

Os traballos seleccionados publicaranse nun
volume colectivo. Os textos definitivos deberán remitirse logo da celebración
do Simposio no prazo e segundo as normas de edición que se difundirán na
segunda circular. 

Inscricións


Unha vez recibida a aceptación do traballo
proposto, deberá cubrirse a ficha de inscrición que se difundirá na segunda
circular e remitirse, xunto co xustificante bancario de pagamento da
inscrición, ao enderezo [log in to unmask]

As cuotas de inscrición serán de 50 € para asistentes
con comunicación e de 25 € para asistentes sen comunicación. As persoas que
acreditaren a condición de estudantes terán un 50% de desconto neste importe.

Todos os pagamentos realizaranse entre os días
1 e 30 de xuño a través de transferencia bancaria ao número de conta que se
indicará na segunda circular.




Comisión
científica

Alejandro Alonso Nogueira (Brooklyn College, CUNY), Arturo Casas (Universidade
de Santiago de Compostela), Elias Torres Feijó (Universidade de Santiago de
Compostela)

Comisión
organizadora

Manuel Forcadela (Universidade de Vigo), Teresa López (Universidade
da Coruña), Laurence Malingret (Universidade de Santiago de Compostela)

Ponencias
por convite

Itamar Even-Zohar (Universidade de Tel Aviv)

Ponente por confirmar







*********
A lista de correo ESTUDOS GALEGOS é unha ferramenta da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG). Para máis información sobre usos, actividades, e modo de darse de baixa, por favor, pregúntalle aos administradores/as da lista ou envía un correo a [log in to unmask]
********* 		 	   		  

*********
A lista de correo ESTUDOS GALEGOS é unha ferramenta da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG). Para máis información sobre usos, actividades, e modo de darse de baixa, por favor, pregúntalle aos administradores/as da lista ou envía un correo a [log in to unmask]
*********