Print

Print


Simposio ILG 2005
Na nosa lyngoage galega
A emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media
Organiza: Instituto da Lingua Galega e Consello da Cultura Galega
Data: 2 de novembro a 2 de decembro de 2005
Lugar: Salón de graos, Facultade de Filoloxía, Santiago de Compostela.
Contacto: [log in to unmask]

O simposio Na nosa lyngoage galega xirará ao redor do proceso de
incorporación do galego á escrita medieval. O contido das conferencias
pronunciadas no seo do simposio estará vinculado cos seguintes eixes: 1) o
encadramento xeral da emerxencia da forma escrita no marco europeo, en
relación coa renovación xurídica que propiciou o paso á escrita das linguas
vulgares; 2) o paso do latín ao romance no noso contexto xeográfico, ollando
para o acontecido noutras áreas lingüísticas e políticas da Península
Ibérica: Aragón, Cataluña, León, Castela e Portugal; 3) a historia da
Galicia do momento; 4) os primeiros alentos escritos do romance galego: na
literatura (verso e prosa) e na documentación; e 5) o estado da lingua
galega no momento da súa emerxencia escrita: planos gráfico,
morfosintáctico, léxico, onomástico, da variación dialectal, etc.

Máis información en:
http://www.usc.es/ilgas/Simposio%202005/Simposio%202005%20ILG.html


Francisco Dubert García
Departamento de Filoloxía Galega
Universidade de Santiago de Compostela
15782 Santiago de Compostela (España)
http://web.usc.es/~fgdubert

************************************************************

The GALICIAN-STUDIES discussion list is administered by the
Gonzalez-Millan Group for Galician Studies (GMGGS),
the English-language section of the Asociacion Internacional
de Estudios Galegos (AIEG). For more information
about these groups, please contact the list owners.

************************************************************