Ola, bos días,
Parabéns por esta importantísima achega. É un excelente
traballo, que sen dúbida ten enriba moitas horas e toneladas de paixón
e entusiasmo.
Desde onte teño tamén nas mans o libro que coordinaches xunto
con Elena Losada Soler e Alicia Ramos González, Lo que callan los
corpus, lo que afirman los cuerpos. Estou aínda botándolle o dente,
con interese. Parabéns tamén.
E aproveito o envío destes parabéns por partida dobre para
recordar que seguimos contando co teu traballo para o noso libro
Letras escarlate. Esperamos ter a túa colaboración en breve.
Un saúdo cordial,
TB
Citando Helena Gonzalez <[log in to unmask]>:
> Prezadas e prezados galicianistas,
>
> Con grande alegría envíovos a rodapé os enlaces á publicación dixital, e en
> acceso aberto, das cartas escritas por Rosalía, acompañadas dos
> manuscritos, cando os hai, e mais as biografías das persoas citadas. Tres
> fomos as editoras (María Xesús Lama, María do Cebreiro Rábade e mais eu),
> pero este traballo só foi posíbel coa aposta decidida da primeira das
> institucións editoras, o CCG, e o seu equipo técnico e de documentación.
>
> Que vos preste o Día de Rosalía!
>
> Helena
> ................
> Epistolario: http://epistolarios.consellodacultura.org/rosalia.php
> Criterios de edición:
> http://epistolarios.consellodacultura.org/rosalia-proxecto.php
> Créditos: http://epistolarios.consellodacultura.org/rosalia-creditos.php
>
>
> --
> Helena González Fernández
> Directora
> Centre Dona i Literatura
> www.ub.edu/cdona @CDonaLiteratura Tel. +34 934035655
>
> Estudis Gallecs i Portuguesos
> www.ub.edu/filgalport @HelenaGonzalezF Tel. +34 934035653
> Màster Construcció i representació d'identitats culturals www.ub.edu/cric
>
> Abriu: estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal
> revistes.ub.edu/index.php/Abriu
> Lectora: revista de dones i textualitat
> http://revistes.ub.edu/index.php/lectora
>
> Facultat de Filologia, Universitat de Barcelona
> Gran Via de les Corts Catalanes 585 E-08007 Barcelona
>
> *********
> A lista de correo ESTUDOS GALEGOS é unha ferramenta da Asociación
> Internacional de Estudos Galegos (AIEG). Para máis información sobre
> usos, actividades, e modo de darse de baixa, por favor, pregúntalle
> aos administradores/as da lista ou envía un correo a
> [log in to unmask]
> *********
*********
A lista de correo ESTUDOS GALEGOS é unha ferramenta da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG). Para máis información sobre usos, actividades, e modo de darse de baixa, por favor, pregúntalle aos administradores/as da lista ou envía un correo a [log in to unmask]
*********
|