Chámome Tim Gupton e son estudante de doutorament
Estimados colegas,
Chámome Tim Gupton e son estudante de doutoramento en lingüística na Universiade de Iowa (EE.UU.). Moitos de vós xa me coñecestes no congreso AIEG o verán pasado. Os outros coñeceránme polas anuncios previos nesta lista para as miñas investigación solicitando axuda de participantes galegofalantes.
Xa chegou este momento de novo, e pídovos outra vez que me axudedes a recrutar máis participantes galegofalantes para participar na miña investigación.
Resultou que nunha fase da miña investigación anterior (no cuestionario sobre preferencias sintácticas, concretamente), houbo moitos participantes que indicaron nas súas respostas que non tiñan preferencia sintáctica. Con esta enquisa intento resolver a falta de preferencia e establecer as preferencias pragmáticas de xeito máis decisivo.
Para esta fase de investigación, non importa se o participante potencial participou nas investigacións anteriores. Pode que si e pode que non. A idade dos participantes non é importante tampouco. Só busco persoas que sexan galegofalantes iniciais e habituais. A participación será totalmente anónima, e só vai durar uns 30 minutos (máis breve que a última vez!). Hai 49 preguntas en total, e hai un só cuestionario.
O ligazón é o seguinte: https://survey.uiowa.edu/wsb.dll/642/pref.htm
Caso que xurdan dúbidas ou preguntas sobre a investigación, ou calquera outra detalle ou aspecto da investigación ou das enquisas. Pódese contactar comigo ao: [log in to unmask]
Espero a vosa axuda, colaboración e participación neste proxecto. Grazas polo voso tempo e a vosa cooperación.
Un saúdo cordial,
Timothy Gupton
************************************************************
The GALICIAN-STUDIES discussion list is administered by the
Gonzalez-Millan Group for Galician Studies (GMGGS),
the English-language section of the Asociacion Internacional
de Estudios Galegos (AIEG). For more information
about these groups, please contact the list owners.
************************************************************
|