Con respecto á voz, sinto que é un xornal, unha empresa, un negocio, e creo
que quizais a súa lóxica é empresarial: gañar cartos. Escribindo un xornal
en galego non se gañan (tantos) cartos coma se gañan escribíndoo en
castelán.
Canto ó que di Gabriel sobre a AGLI e todo iso dunha nova cruzada... estou
disposto a comprender que falantes de español en Galicia se organicen para
defender uns dereitos lingüísticos que *senten* atacados. Insisto no de
*senten*, pois creo que isto é unha percepción e, como tal, subxectiva (de
feito é o suxeito quen percibe, e percibe en función das súas crenzas,
ideoloxías, etc.etc.etc.); algúns *sentimos* unha agresión máis forte ós
dereitos lingüísticos dos galegofalantes, pero, en fin, iso é outra
cuestión.
Pero o que non podo comprender é un ataque coma este, que non se dirixe a
defender os dereitos lingüísticos dos castelanfalantes de Galicia (estean ou
non agredidos), senón a atacar as persoas que escollen escribir en galego,
tentar empregalo de xeito normal, etc. O que non comprendo é a agresividade
e o desprezo que, supoño, xa desautorizan ó autor de inmediato para os
lectores foráneos.
Ora ben, non sei que gaña a Voz cunha pluma coma esta: ¿existe en Galicia un
"público" suficientemente rendible en termos económicos como para darlle
"voz" deste xeito? Porque creo que o discurso de Calaza si que é radical,
extremista, pouco estendido socialmente. ¿Élle realmente rendible á Voz
darlle espazo este tipo de xente? Porque eu creo que se a Voz ten a Calaza
como colaborador é porque lle compensa; e se lle compensa... non son tan
poucos como Gabriel podería pensar.
Francisco Dubert García
Departamento de Filoloxía Galega
Universidade de Santiago de Compostela
15782 Santiago de Compostela (España)
http://web.usc.es/~fgdubert
************************************************
************************************************************
The GALICIAN-STUDIES discussion list is administered by the
Gonzalez-Millan Group for Galician Studies (GMGGS),
the English-language section of the Asociacion Internacional
de Estudios Galegos (AIEG). For more information
about these groups, please contact the list owners.
************************************************************
|